Qué grandes!!
Esta mañá como teño costume ía escoitando o podcast de “El Larguero” no meu iPod camino do traballo, e de súpeto empezaron a falar dunha ONG chamada Coopera que esta a levar labouras de axuda no Congo os refuxados desa guerra civil non oficializada e que está a masacrar ese país africano. De súpeto puxeron un corte de audio duns meniños cantando o himno do Athletic en agradecemento o clube basco por mandarlles balóns, camisolas e todo tipo de parafernalia para que poidan xogar o fútbol nas mellores condiciónns posibeis. Cando oín a estes rapaces cantando o himno hei de recoñecer que saíronme as vagoas nos ollos, pero agora o chegar a casa que vexo o video en Youtube ademais das vágoas paréceme increibel o merito destes rapaciños, viven en campos de refuxiados, xogan cos pes espidos sobre terra volcánica (co dano que eso debe supor para os seus pes), con pouca comida, entre o fogo cruzado dos rebeldes e o exercito congoleño, e a saber cantas calamidades máis… e ainda así teñen o animo de aprender unha canción nun idioma totalmente distinto o seu e animar a un clube do que serán siareiros todala vida. Estos son os rapaces que teñen que ir a Lezama, porque ainda qu enon nacesen en Euskal Herria levan o Athletic moitísimo máis no corazón que moitos que levan a camisola do clube cada semana.
London Bridge 14:28

London Bridge Train Station. 14:28 horas. 11 de novembro de 2008. Segundo día infernal de traballo. Apoiado na parede do andén da estación esperando a chegada do tren que me leve a casa, o que non conseguen Fucked Up dende o meu iPod consegueo o ceo londinense. A foto é unha caca porque está sacada ca cámara do móbil, pero que o sol de supeto cegáseme e fixéseme mirar pra riba e ver o espléndidas que estaban as nubes, o lourenzo ofrecendo os seus derradeiros raios por hoxe… non sei, animoume bastante. Alo menos arrincoume un pequeno sorriso, e fíxome esquecer por un intre a dor das miñas pernas.
Transparent Dayze
Domingo de outono, nada que facer, Ana na cama e todo un día por diante que non quería pasalo pechado na casa. Axiña decidinme a ir ata Brick Lane a tenda de Rough Trade a mercar discos. Non había presa, podía botar todo o tempo que quisexe e así foi, rebuscando entre caixons todo o tempo que eu quisexe e propúxenme a non cortarme na parte financieira, un día é un día, a merda a crise!.
O novo de R.E.M. (esperaba por el en vinilo), o de Red Dons, o novo LP e dous 7″ de Fucked Up, a reedición do “Teenage Kicks” dos Undertones, o primeiro LP de The Evens… e algo que estaba esperando dende fai tempo. Xa preguntara por el fai un par de semanas no Rough Trade de Notting Hill e dixeranme que o tiñan na tenda do leste de Londres, e así foi, remexendo un pouco, aí estaba, o “Transparent Dayze” de Angel Kaplan. Unha xoia sonara que xa tiá descarregada en mp3 do seu myspace (faltábame unha canción) e queprecisaba ter en vinilo, máis sabendo que era unha edición limitada de 500 exemplares. Que decir deste minilp que non dixeran xa na prensa especializada xa, pois sí, é unha auténtica xoia, unha marabilla sonora, artesanía pop da que xa sabíamos do asturiano que por fín reflexa nun doce pulgadas. A única pega que lle atopo é que faise demasiado curto e que peréceme vergoñento que un disco tan bo o tivese que editar o cantante de Bubblegum do seu propio peto, ¿e que ninguén vaino a reeditalo?… sí, estou pedindo unha reedición deste disco por un selo en condicións, para así ter unha boa distribución e chegar a máis sitios.
Non sei, pero o falar deste disco faime lembrar do “Sudden Deaths” de Jon Iturbe, outra xoia da que fun afortunado comprador e que teño a bo recaudo en Ourense. Se nunca escoitachedes o disco do lider de Hot Dogs a xente de El Beasto, o selo que editou o disco, colgouno en mp3 pra o voso uso e disfrute.
Domingo a noitiña
Si, recoñezo que teño esto un chisco esquecido, pero a verdade e que foron dúas semanas con bastante traballo e nas fins de semana so pensaba en durmir e descansar. Ademáis o outono inglés non axuda moito pra sair da casa, e a un apetécelle máis quedar na casa, ver un filme cun té ou un caldiño ben quente.
Pouco máis sinalabel. O único de importancia é que apostei as patillas co meu xefe, pero moitos de vos xa saberedes (¿ainda queda alguén sen sabelo e sen unirse o grupo de apoio as miñas patillas?) así que non falo moito máis do asunto, porque a verdade logo dunha semana e pico xa me cansa.
Ostras! que case que esquecíame contalo! o pirixel que trouxemos de Santa Cruz e prantamos no balcón xa ten tres folliñas, siiii!! que ledicia, en serio, é marabilloso ver coma un chisco da nosa terra afrora no noso pouco soleado e frío balcón, ten moito de simbólico.
Fai un rato decateime de que vou botar seis meses case sen ver a luz do sol e deume un pequeno baixón. Xa sei que moita xente ten feito esta pregunta milleiros de veces mais, ¿pra que carallo serve o cambio de hora?, suponse que é para aforrar enerxía pero eu teño a luz posta máis tempo que antes na casa e pra ser sinceiro é deprimente que anoiteza unha hora antes.
O meu quinto inverno londinense está a comenzar. Vai sendo hora de preparar as mantas do sofá e a cunca e a culler para os caldos.
Euscadi alá imos!
Pois logo de dous anos Ana e máis eu voltamos a Euscadi. Tan so catro días no que propuxémonos non parar, incluso desta vez, o contrario de fai dous anos, imos sair de Bilbao e ímonos a aventurar no interior do país e imos ir ata esa unión de casas no medio dun burato na montaña chamado Ermua.
Cousas que intentarei facer en Euscadi:
- Mercar a nova camisola do Athletic
- Comer sardiñas e “rabas” no porto de Santurtzi
- O maior número de fotos e videos posibeis (una a narices ca miña nova curmá Irune).
- Atopar algún Space Invader.
- Dar unha volta polo casco vello, especialmente o redor da parada de metro de Unamuno.
Mi madriña que nervios!!
Kaixo Euskadi!!
Neumotorax
Un dos discos da miña mocidade. Estou deseperado por conseguilo en calqueira formato, vinilo, cd, mp3. ¿Alguén pode axudarme? POR FAVOR!
Máis información: http://www.myspace.com/lordsicknessgetxo
Nesta fin de semana
- Fixen o meu primeiro cocido e quedeoume caralludo!!
- Fedellei ata fartarme en Last.fm e penso que voume converter nun ionqui desta web.
- Comín regalís islandés que me trouxo Ana da súa viaxe, tan rico e saboroso coma o finés.
- Descubrín dos blogs novos de amigos no ciber espazo: Marco conta a súa conversión a linux nos Diarios de Ubuntu, e Rodrigo comeza unha nova aventura cos fogóns da cociña, unha historia que xa leva preprando un ano recompilando videos, receitas, etc… a verdade e que promete moito. Moita sorte ós dous!.
last.fm
Xa sabía que Carlos levaba tempo querendo resucitar Rockactiongalaica, pero debido a que a lista en Yahoogroups está invidida polo spam e polos emails de promoción musical, decidiuse a crear unha lista nova en Last.fm xa que grazas as vantaxes e marabillas da web 2.0 nesta web podes recomendar cancións e artistas os teus colegas.
Estou moi contento con este rexurdir da lista (esperemos que exitoso) xa que de novo voltarei a falar habitualmente con xente sobre música, algo que botaba moito en falla e do que fai pouco escribín aquí. Mais a vez teño un chisco de medo a non entender ben o manexo desta web o igual que estame a pasar con moitas webs a día de hoxe, coma por exemplo Facebook (que grazas o seu novo deseño é bastante máis sinxela de manexar). Serán sentimentos de vello, a verdade e qu ecada vez gustanme menos as cousas compricadas e non gosto de comerme moito a cachola.
Imos ver como acontecen as cousas…
Carlos nos premios Bitácoras.com
Acábome de enterar que o meu ben querido amigo Carlos está nominado na categoría de mellor blog xornalístico deste ano nos premios de bitácoras.com.
Intentei votar por el, incluso rexistrándome coma usuario desa web, pero parece ser que ainda non teñen o servizo activado. Ainda así animo dende aquí a todo o mundo a votar polo blog do señor Alonso como o mellor blog xornalístico do 2008.
Case que esquecíame do máis importante: Parabéns meu!!!
UK Bizarre part. 1
Hoxe comezo unha serie de post nos que irei reflexando o máis absurdo da, bastante arrogante, sociedade británica.
A anotación de hoxe ocurriume hoxe mesmo, este serán durante a espera na cola da oficiña de correos de Borough High Street para pagar a factura do teléfono, cando púxenme a ver as ofertas en chamadas internacionais da Post Office e de súpeto atopeime con isto:

Velaí! para os brítanicos as Illas Canarias son un país, teñen recoñecemento de nación!! se non o ves ven preme na imaxe e verala máis grande.
É incribel como unha organización con tantos anos, incluso séculos, de traballo e servizo o público cometa un erro tan garrafal como este.
Outro día contareivos a do cliente que o outro día discutiume que as libras de Xibraltar non se poden usar no Reino Unido.



