
A imaxe está sacada ca cámara do meu móbil polo que a calidade non é moi boa. Non se pode ver ben, pero a dereita da imaxe a beirarúa está chea de xente cruzando a ponte de London Bridge dende London Bridge Station ata a outra parte do río Támesis en King William St, lugar no que comeza a famosa “City” de Londres, onde está o centro económico da capital, do país, do estado e quizais de Europa.
Pois ben, quizais mañá esta foto non se poda facer, quizais mañá esta xente quede na casa xa que hai unha manifestación contra o G20 percorrendo a City (pasando por diante da miña tenda e rematando en Bank xusto en frente do banco de Inglaterra) e parece ser que vai a haber “festa”. Eu non teño a sorte de poder facer o meu traballo dende casa como moita desta xente que adicouse a estafar, roubar durante anos e agora estamos todos sufrindo todos polos seus erros intencionados. Eso sí, os currelos os que súbennos o interese nas nosas hipotecas, os que pola súa culpa suben os prezos pero non os salarios, os que en vez de vacacións o caribe imos a casa, os que en vez de ir a clubes selectos imos o pub, os que erguémonos as catro da mañá pra ir a traballar en vez das 7 ou 7.30… temos que ir mañá a “City” a traballar e dar a cara, porque as empresas mandannos ir a dar a cara e se algo acontece, somos nos os que damos a cara, os que sufrimos as consecuencias… que ben o tedes montando carallo!


