Defectos
Esta mañá púxenme a miña moza e mais eu púxemonos a sacarnos defectos a nos mesmos, é decir ela enumerou os seus defectos e eu os meus. Obviamente tan so fixemos os que parecíannos máis relevantes porque se non o listado podería ser ben longo.
Hei de recoñecer que foi un exercizo moi proveitoso xa que un queda bastante tranquilo e relaxado sacando fora esas cousas que normalmente calas e intentas agochar, ainda que no noso caso, logo de sete anos de relación e cinco vivindo xuntos, cada un coñece de sobra os defectos do outro e quizais eso é parte da base dunha boa relación de parella. Esta teoría miña está baseada en que cando a unha persoa empeza a gustarlle outra tan só fíxase nos seus pros mais nunca nos contras, e se teñen a sorte de comezar unha relación sentimental o principio que é cando afroran os bos sentimentos, inconscentemente, tan so vemos esos puntos bos nas nosas parellas pero é co paso do tempo cando empezamos a mostrar os nosos defectos cando racha ou afianzase unha relación.
Outro punto moi importante, o meu parecer, é ser capaz de aturar os teus propios defectos sendo capaz de aturar os da túa parella. Creo que expliqueime un chisco mal. No meu caso particular, por exemplo, levo moi ben os puntos fracos da miña parella, ou eso penso; e é máis tomoos coma puntos fortes nos que basear a nosa relación de parella, convertinnos en apoios, no rol contrario o que se supón que teñen que “facer”… o que ía, o difícil é saber levar os defectos da túa parella pero non saber levar os teus propios, esa é unha boa fodenda. Quizais con “exercicios” como o meu desta mañá un axúdase a sí mesmo a crecer en ego, autoestima porque sabe que ten a alguén coma soporte e axuda que pode botarche unha man en calquiera intre. Afortunado son.


