O Neto Do Portaleiro

impresións persoais dun ourensán no meridiano cero

Esas cousas que danche morriña

deixa un comentario »

Ergome cedo. Vou a cociña preparo o café. Quezo a leite no microondas. Mentras quece o leite e sube o café veño a habitación a acender o computador. O leite xa está quente, o café pouco lle falta xa. Merda! non hai galletas pra almorzar. Teño que ir o Tesco hoxe sen falta. Co café na man regreso a habitación. Entro en Facebook e vexo a imaxe da proba da nevarada da que me falaron onte os meus pais por teléfono

Ourense nevado

Ese privilexio que a miña Beachu ten, que é o de ter a mellores vistas de todo Ourense, compartiuno onte. Eu tan só lémbrome dunha nevarada tan gorda e era cando eu era pequeno e ainda vivíamos na Carballeira. Ainda que fai menos dunha semana que estiven na casa e case xa levo 5 anos fora de Ourense, imaxes coma esta son das que provocan ese sentinmento tan intrínseco os galegos: A morriña. Dín que a morriña a provoca a auga, que a auga de Galiz aten minerais ou non sei que que logo o marchar da Galiza non atopas eses minerais é que a saudade é realmente un síndrome de abstinecia, un “mono”, pero a verdade é que eu nunca fun moito de beber auga, eu sempre fun mis de gaseosa nas comidas. A pesares de acabar de Ourense ata a caralla, a verdade é que é inevitabel que o corazón deame un volco o ver unha imaxe coma esta. Non sería moi humán da miña parte non botar en falla a miña cidade neste intre.

Escrito por Pablo

Xaneiro 10, 2009 a 9:48 am

Publicado en persoal

Deixa un comentario