O Neto Do Portaleiro

impresións persoais dun ourensán no meridiano cero

Archive for Decembro 2008

Eu nunca fun de Snoopy, mais…

without comments

mercandodiscos
… logo de atopar esta imaxe fai un rato no blog “Music Ruined My Life” vou a comezar a mirar doutro xeito as bandas deseñadas deste cadelo. A verdade é que síntome moi identificado.

Escrito por Pablo

Decembro 26, 2008 a 5:40 pm

Publicado en persoal

Frase mítica

without comments

O outro día merquei o Ruta 66 deste mes, costume que teño cada vez que veño a casa, e onte a noite púxenme a botarlle unha ollada. Trae unha entrevista a Miguel Costa, e a verdade eque coma persoaxe deixume de interesar xa fai un tempo mais ainda así púxenme a ler a entrevista. Cando de súpeto, leo “… Como decía Ray Davies, el heavy es como un pedo, sólo le gusta al que se lo tira“; a verdade é que fíxome moita graza a frase, pero non deixa de ser unha verdade absoluta. Dende hoxe quedará gardada nos meus miolos a fogo.

Escrito por Pablo

Decembro 24, 2008 a 1:54 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con , , ,