Archive for Outubro 2008
Domingo a noitiña
Si, recoñezo que teño esto un chisco esquecido, pero a verdade e que foron dúas semanas con bastante traballo e nas fins de semana so pensaba en durmir e descansar. Ademáis o outono inglés non axuda moito pra sair da casa, e a un apetécelle máis quedar na casa, ver un filme cun té ou un caldiño ben quente.
Pouco máis sinalabel. O único de importancia é que apostei as patillas co meu xefe, pero moitos de vos xa saberedes (¿ainda queda alguén sen sabelo e sen unirse o grupo de apoio as miñas patillas?) así que non falo moito máis do asunto, porque a verdade logo dunha semana e pico xa me cansa.
Ostras! que case que esquecíame contalo! o pirixel que trouxemos de Santa Cruz e prantamos no balcón xa ten tres folliñas, siiii!! que ledicia, en serio, é marabilloso ver coma un chisco da nosa terra afrora no noso pouco soleado e frío balcón, ten moito de simbólico.
Fai un rato decateime de que vou botar seis meses case sen ver a luz do sol e deume un pequeno baixón. Xa sei que moita xente ten feito esta pregunta milleiros de veces mais, ¿pra que carallo serve o cambio de hora?, suponse que é para aforrar enerxía pero eu teño a luz posta máis tempo que antes na casa e pra ser sinceiro é deprimente que anoiteza unha hora antes.
O meu quinto inverno londinense está a comenzar. Vai sendo hora de preparar as mantas do sofá e a cunca e a culler para os caldos.
Euscadi alá imos!
Pois logo de dous anos Ana e máis eu voltamos a Euscadi. Tan so catro días no que propuxémonos non parar, incluso desta vez, o contrario de fai dous anos, imos sair de Bilbao e ímonos a aventurar no interior do país e imos ir ata esa unión de casas no medio dun burato na montaña chamado Ermua.
Cousas que intentarei facer en Euscadi:
- Mercar a nova camisola do Athletic
- Comer sardiñas e “rabas” no porto de Santurtzi
- O maior número de fotos e videos posibeis (una a narices ca miña nova curmá Irune).
- Atopar algún Space Invader.
- Dar unha volta polo casco vello, especialmente o redor da parada de metro de Unamuno.
Mi madriña que nervios!!
Kaixo Euskadi!!
Neumotorax
Un dos discos da miña mocidade. Estou deseperado por conseguilo en calqueira formato, vinilo, cd, mp3. ¿Alguén pode axudarme? POR FAVOR!
Máis información: http://www.myspace.com/lordsicknessgetxo
Nesta fin de semana
- Fixen o meu primeiro cocido e quedeoume caralludo!!
- Fedellei ata fartarme en Last.fm e penso que voume converter nun ionqui desta web.
- Comín regalís islandés que me trouxo Ana da súa viaxe, tan rico e saboroso coma o finés.
- Descubrín dos blogs novos de amigos no ciber espazo: Marco conta a súa conversión a linux nos Diarios de Ubuntu, e Rodrigo comeza unha nova aventura cos fogóns da cociña, unha historia que xa leva preprando un ano recompilando videos, receitas, etc… a verdade e que promete moito. Moita sorte ós dous!.



