4 anos e 5 meses

Para vos esta imaxe non terá valor algún peo pra min teno moito. Pasar de negro a verde e o cumio a unha longa loita, tragar moita saliva e manterse calado moitas veces que estiven a piques de estoupar e mandar a máis dun o carallo, desmaios, queimaduras, cortes, clientes estúpidos, drogados, violentos… insultos, comentarios racistas, agresións físicas… a gorra verde ten en min moito significado, agora van a calar uns cantos lamecús, uns cantos bocazas, e uns cantos envexosos que en canto a vexan esta semana van quedar calados ca boca aberta.
Eu mentras aquí celebrandoo cunha pinta de Newcastle e boa compaña da miña compañeira e amigos. Parabéns pra ti mesmo meu. A seguir loitando.


