Un bo día
Antes de que o mal chegue o luns tíñamos que aproveitar estos derradeiros raios de sol de este verán que está a piques de morrer.
Onte decidimos mover os nosos cus da cama e ainda que saimos un chisco tarde da casa o día cumpriunos ben, xa que camiñamos e camiñamos, por Notting Hill, Oxford Circus, o Soho, Covent Garden…
Empezamos a xornada en Notting Hill por onde paseamos rodeados (ou mellor dito, invadidos) por turistas españois, como é norma por Portobello Road, ata acabar nos irmáns Garcia onde mercamos uns cantos paquetes de galletas, horchata, esparragos e arroz.
De alí pasamos o Galicia, que xa facía tempo que non nos pasábamos polo restaurante a comer o polbo a feira, e así de paso Begoña xa sabe del para cando entrelle a morriña.

Ademáis do xa mencionado polbo a feira, metémonos entre peito e espalda, chipiróns, patacas bravas e uns filetes de pescada a mariñeira que estaban de morte.
Logo do cafeciño obrigado para axudar a dixestión, enfilamos por Portobello abaixo, outra vez entre milleiros de turistas e chiringuitos de antigüidades, froitas, etc… ata que fixen unha pequena e breve parada en Rough Trade (sería un pecado ir por aló en non parar a botar unha ollada na mítica tenda de discos). Caeron o novo single de R.E.M. en vinilo transparente, un dos Red Dons, o “Hidden World” de Fucked Up e o “Out Of Step” de Minor Threat. Cun sorriso de orella a orella e uns vinilos na miña man continuamos o noso paseo polo barrio do oeste londinense.

Cando xa nos quedou todo visto fumos ata Oxford Street xa que eu tiña unha tarxeta con £60 de HMV que me regalaran os meus compañeiros de traballo polo meu cumpreanos, así que decidin gastala canto antes e non facer máis demora. Stereolab, The Marked Men, Mika Miko, Fugazi, singles de Ramones, Panda Bear… e un exemplar de £2 de “O principiño” pra Ana pra redondear o prezo.
Hoxe tócanos Brick Lane, ¿qué novidades atoparemos hoxe no leste londinense?



Coño, blog novo! Que guai! Ademais, descubro con alegría que liches estes días o mesmo libro de Murado que min… Está guai ese “otra idea”, si. Creo que hai outro sobre Catalunya (si, aquí está http://www.anosaterra.org/nova/o-poder-de-espaa-concntrase-en-madrid.html ). Murado publicou este ano outro moi bo, Fin de século en Palestina, brutal…
Saúdos!
thehomens
Setembro 22, 2008 a 4:10 pm
Pois si, blog novo, pero intentoo manter un pouco agachado, non quero que se coñeza moito por aí, básicamente e pra amigos e coñecidos, que como vos ben sabedes hai moito tunante malintencionado por aí e paso de que me anden a tocar as narices.
En canto o libro, buscarei o de Palestina e o de Catalunya no nadal cando regrese a OU, o de Catalunya o teño pensado mercar pra un amigo meu catalán que e de CIU pero moi bo tío e sempre andamos a falar de política e a comparar Galiza con Catalunya.
Por certo, moitísimas grazas polo “comment”
Pablo
Setembro 22, 2008 a 7:44 pm