O Neto Do Portaleiro

impresións persoais dun ourensán no meridiano cero

Outra idea de Galiza

deixa un comentario »

Outra idea de Galiza
Este post tiñao pendente dende fai varios días. Hei de recoñecer que non son moi amigo de ler libros, e a verdade e que a menos que as primeiras páxinas enganchenme normalmente abandono a lectura as primeiras de cambio.
Pero esta vez non foi así. O outro día no aeroporto de Alvedro esperando pra embarcar para vir de regreso a Londres, pareime con Ana na librería que hai xusto antes do control de seguridade, e vin entre todo o lote de libros (por certo, todos en castelán, non hai un só en galego) este, que pola sinxeleza da súa portada atraeume. Ata ese intre non sabía que era Miguel-Anxo Murado, pero asegúrovos que dende agora hei de seguir con máis ateción a carreira deste lugués.
O libro como podedes supoñer gustoume moito, pola sinxeleza ca que fala, cos tópicos que rompe, por que non se molla por ninguén, e básicamente deixoume cunha sensación de tranquilidade que alivioume. Non sei se explícome ben. Miguel-Anxo Murado fíxome sentir que ese galeguismo, que eu pensaba atípico, que sintoo eu o sinte máis xente e que ademáis e moi real. Non quero entrar en materias políticas, refírome a que os galegos temos unha cultura “non oficial” que está aí, non está atenuada ou case que desaparecida, é moi latente e viva, cos seus pros e os seus contras, para ben ou para mal, pero o longo da historia Galiza foi unha cousa e fora e incluso nos mesmos víamos e pensabamos outra.
É unha auténtica vágoa que o libro sexa tan pequeno, dan ganas dunha segunda e dunha terceira partes. Dan ganas de que o señor Murado vaia abrindo os nosos ollos, os dos galegos, e incluso os dos non galegos a realidade na que vivimos dende fai máis de dous mil anos.

se queredes mercalo, premede aquí.

Escrito por Pablo

Setembro 19, 2008 a 7:31 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con , ,

Deixa un comentario