Archive for Agosto 2008
Acábome de decatar dalgo…
… e bastante importante. Ata o de agora botáballe a culpa de que cada vez aprezo menos a música a deixar de ir a concertos (nesta cidade o 95% dos concertos que me poden interesar son durante a semana, a tomar polo cú de onde eu vivo e teño que madrugar moito cada mañá para ir a traballar) e levar dende o pasado nadal se mercar un so disco de vinilo (ou CD no seu defecto).
Acábamo de decatar que outra causa e bastante importante pola que cada vez teño menos paixón pola música tamén pode ser que xa non falo con ninguén de música, nin en foros ou listas de correio en internet, nin en persoa, nin nada diso… ademáis do pouco que vou descubrindo nos últimos tempos poucas gústanme, a verdade e que xa non escoito tanta música como facía antes, os cartafoles de mp3 do meu ordenador están sen ordenar, os cedés de música están tamén o tuntún na estantería, tan so teño os vinilos colocados en orde alfabético.
No que vai de mañá xa escoite o novo disco das Breeders, o segundo de Two Gallants, unhas cantas cancións de Pavement e agora mesmo estou con The Decemberists, algo inaudito en min dende fai xa bastante tempo.
Stipe
Logo de case que case que 18 anos, onte por fin tiven a oportunidade de ter a Michael Stipe cara a cara por uns intres nunha firma de libros no Waterstone de Picadilly. A verdade é que o que foi estar o seu lado foron un segundos, pero a espera para poder velo foi de case tres horas nunha cola na rúa.

Durante ese tempo matinei moito sobor como sería a experiencia co cantante de R.E.M., a vez estaba bastante avergoñado por non mercar o novo disco de R.E.M. logo de tantos anos coma fan, pero e que logo da desilusión de “Around The Sun” logo dunhas cantas escoitas de “Accelerate” desistín e xa case que din por perdido o trío de Athens. Pero esa xa é outra historia.
Cando uniuse Ana a cola de espera empezamos a fantasear como sería ese pequeno intre con Stipe e a verdade e que para nada foi como o imaxinamos. Foi breve, seco e ambos non paramos de tremer e a min o único que se me ocurriu decir a Michael Stipe foi “I really appreciate it” aAaaArrrgghh!! #@?*&!!! e para máis inri cando estaba en fronte del metinlle un flashazo ca cámara de fotos que case o deixo cego.

Espero que a próxima vez, ainda que teña que esperar outros 18 anos non meta tanto a pata como desta vez, porque ata Ana estívome vacilando un bo rato, hehehehe
British Summer
Na televisión inglesa hai un anuncio dunha sidra na que o seu slogan ven a ser que a súa bebida é a mellor para refrescar o verán británico:
Pero logo de levar, con este, dous veráns no que a calor e o bo tempo brilan pola a súa ausencia estou a pensar que os desta compañía deberían cambiar o seu slogan e tipo de publicidade para o ano que ven. Para comprobar as miñas palabras non tedes máis que ver o seguinte video que gravei os cinco minutos de escrivir o post anterior:
¿Teño motivos para estar desesperado por uns raios de sol ou non?
Ata os obreiros que están a traballar debaixo da casa bromean cantando “This is England, This is England“. Como di o dito: “O mal tempo boa cara”
Vacacións de verán (segunda parte)
Tras tres días moi tranquilos de volta o traballo reengancho as miñas vacacións de verán deste ano. A cousa está moi mal na tenda. Estamos a pegarnos unha ostia tremenda. Con que en setembro a cousa non mellore vai haber problemas. Espero que non me afecten máis que o retraso da miña subida de soldo.
Comentáballe esta mañá a un compañeiro de traballo no vestiario que necesito sair desta illa. Refrescar un pouco os meus miolos. Estou saturado deste país, desta cidade. Como comentaba no meu anterior post, cometín un erro moi gordo en botar dende o nadal sen coller vacacións.
Os nosos plans este ano eran ir en maio a Amsterdan e en xuño a Berlín e se eso no outono ir a Lisboa, pero co tema do piso e sobre todo da hipoteca a cousa botouse atrás. Alo menos Ana estivo en febreiro en Paris e agora en outubro marcha cas amigas a Islandia. Así que ela non se pode queixar de airearse da tolemia que e vivir en Londres, hehehe. A min ainda quédanme dous días por coller antes do nadal. Tiña pensado en collelos en setembro pra ir a Bilbao a coñecer a miña nova curmá (máis ben curmá-neta) Irune, visitar o resto da miña familia e dar unha volta pola miña cidade favorita que en outono estou seguro ha de estar marabillosa. Ainda que a merda de verán que estamos tendo aquí no meridiano cero estame a provocar a necesidade imperante de raios de luz solar, e a verdade con que non me quede satisfeito estos días que voua Galiza, estou por buscar un voo a bo prezo a algures onde asegúrenme o Lorenzo.
Esto supúñase que era un post sobre as miñas vacacións de verán ¿non sí? e acabei falando de vacacións en outono.
¿Qué espero da miña estadia en Galiza os vindeiros días? pois a verdade é que non moito. Non teño plans feitos, ou mellor dito, case que non teño plans feitos. O único que pretendo e descansar, darme baños de sol, comer ben pero moderadamente (non como os anos anteriores que volvín case que enfermo a Greenwich) e beber pouco. Estoume a decatar que xa non toleiro tan ben o alcol coma facía antes, os anos non pasan en balde e a verdade é que tampouco levo moitas gañas de festa e vida nocturna, as cales implican alcol, polo que creo que o seu consumo vaise reducir bastante.
Xa vos irei contando como vai a cousa.
Alustres
Comentaba o meu sogro fai dous días que alustres coma estes no se ven pola nosa terra dende fai un bo feixe de anos.
Un auténtico pracer cear coma un rei e sair o balcón a fresca a facer a dixestión e atoparse con esta vista.
Vacacións de verán (primeira parte)
Sinto ter deixado o blog un pouco de lado pero e que entre que algúns días non tiven tempo para escribir e outros estaba demasiado canso, pois a cousa foise demorando.
A cea galega de fai dez días foi un éxito. Todo o mundo quedou moi contento, incluido eu, a pesar de rematar a velada totalmente bébedo e case que inconsciente (un pouquiño patético, non ou vou negar). A selección de pratos e viños foi boa e tivo un bo suceso. Foi moi agradabel ter os meus amigos sentados por fin na miña mesa e que disfrutasen dunha marabillosa velada acompañados por bos pratos e boas conversas.
Agora por fin xa comencei as miñas primeiras vacacións do ano dende o pasado nadal. A miña nai e os meus sogros están aqui pasando unha semana axudándonos a dar ese toque familiar o noso novo fogar: que si as cortiñas, manteis, etc… e o que se está a levar un bo traballo e o meu sogro, que co “manitas” que é está a chupar todo: Montar os rieis das cortiñas, montar ben as tomas dos teléfonos, colocar os colgadores dos baños, etc… pero o que máis agradezo é qu epor unha vez temos visita na casa e non temos que andar dun lado a outro de Londres facendo turismo, case, andamos dun lado a outro de Greenwich mercando os materiais necesarios para facer os traballos no piso.
Por certo, o sábado fun ver o meu querido Athletic xogar contra o Charlton. Gañamos grazas un golazo do meu idolatrado Etxeberría. A crónica do encontro é moi sinxela: Arbitro caseiro a máis non poder. Primeiro tempo interesante. Segundo tempo unha merda absoluta. Marchei de “The Valley” un pouco enfadado e todo, pero por 10 libras e o lado de casa non se pode pedir máis.


