Pois si, estou de volta
O “mono” poido conmigo, pero tranquilos que hai algúns “contras” a esta volta. Básicamente quería ter de novo un sitio onde escribir cando o necesite, pero tampoco quero que calquera acceda a este blog, así que activei a opción de que non apareza en motores de búsqueda e tan so voulle pasar a dirección URL os amigos e coñecidos que eu vexa e que se comprometan a mantela en privado e segredo, por eso agradeceríavos que non poñades ningunha ligazón a este blog nas vosas páxinas web, emails, etc… Basicamente a razón desto ven sendo que teño pensado subir imaxes e videos da minha vida privada e non quero que calquera poida logo utilizalos o seu antollo; e ademais quero manter esto cun pequeno ambente de familiaridade entre vos e máís eu.
Espero que esta sexa unha boa nova para todos vos. Unha aperta moi grande para todos/as os que estades o outro lado do computador.



Hola meu, benvido de volta! botábaseche de menos. E logo tanta precaución?
Carlos
Xullo 21, 2008 a 9:00 am
Que bo verte por aquí. Tamén é que ti es o único que o sabe por agora, hehehehe.
O de tanta precaución ven porque simplemente quero que este blog sexa un contacto cas minhas amizades e familia, non co resto de mundo, e pra iso vou poñer fotos e videos da miña vida e por eso non quero que calqueira acceda a ver e ler esas cousas que hai xentiña con moi mala ostia e moi aburrida.
admin
Xullo 21, 2008 a 4:12 pm