O Neto Do Portaleiro

impresións persoais dun ourensán no meridiano cero

Archive for Xullo 2008

Na pescadería

without comments

Fai un ratiño, o sair de traballar, paseime pola pescadería onde a semana pasada mercamos os tres quilos de polbo. Desta vez fun a mercar pescado para cear hoxe e mañá, un par de robalizas e uns filetiños de bacallaou.
A verdade é que o outro día Ana e máis eu quedamos moi satisfeitos da pescadería esta, por certo, chamada The Fishmongers Ltd, porque foi unha experiencia moi grata: servizo amigabel, calidade no producto, prezos razonabeis, próxima a nosa nova vivenda… así que decidimos adoptala coma o noso punto de compra de peixe e marisco habitual.

Xa a benvida a tenda foi moi cálida. A rapaza que atendeunos o outro día recoñeceume nada máis entrar pola porta e preguntoume polos polbos que mercara a semana pasada, e ahí empezou unha pequena conversa moi agradabel. Pero o detallazo máis grande que eu notei foi que o encargar máis polbo pra pasado mañá xa apuntou directamente o meu nome sen preguntarmo nen nada. Pode ser que o levar traballando máis de catro ano cara o público note máis detalles coma este, pode ser que outros non lle desen tanta importancia, pero a min dende logo conquistoume coma cliente, tal é así que o primeiro que fixen agora o chegar a casa e conectar o internet foi mirar o seu nome na web da pescadería: Lindsey Lee, xerente do negocio, que non propietaria. Comenteille que Ana e máis eu eramos galegos e que mañá e o noso día nacional polo cal o sábado imos celebrar unha cea conmemorativa cun grupo de amigos para introducilos na gastronomía galega (ainda que Marco e Jennie xa están un pouco afeitos xa a verdade), e como xa sabe da nosa tolemia polo polbo e na súa web recompilan receitas con pescado e marisco, estou pensando en pasarlle a ligazón do video no New York Times onde preparan polbo a feira; eso si, deixándolle ben clariño que do polbo, o igual que do porco, non se tira nada e que hai que picalo, non deixar os tentáculos enteiros coma fai o nacho ianqui no video. Estou seguro que será do seu interese, polo sinxelo e saboroso da receita, e pola nota informativa do cociñeiro americano de que en Galiza é un sitio marabilloso, onde podes atopar do mellor marisco no mundo enteiro e disfrutar do polbo a todas horas.

Escrito por Pablo

Xullo 24, 2008 a 4:26 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con , ,

Por fin chegou a calor

without comments

Non era sen tempo xa. A 23 de xullo por fin empezou a quecer un pouco na cidade do Tamesis. Ainda así pola noite ainda estamos a durmir co edredón por que pola noitiña ainda refresca que da gusto.
Para unha vez que fai bo tempo da rabia quedarse na casa, pero o cansancio pode con nos e preferimos quedarnos na casa a disfrutar do “luxo” do noso novo balcón. Ana botou toda a tarde lendo nel e eu asomándome de vez en cando a ver como lle vai a vida os meus veciños: o neno quinqui que calqueira día alguén vaino espabilar con dúas labazadas na faciana por tonto, a rapariga pequena que está a aprender a camiñar no seu tacatá e fai unha carreiras increibeis axitando os seus braciños, a parella do edificio de enfrente que tódalas noites faga frío ou faga calor botan coma tres horas no balcon falando, navegando en internet co seu computador portatil, fumando… a verdade é que a vida nesta zona de Greenwich e bastante intensa ainda que non o pareza dende a estación do tren.

Dí a BBC que durante a fin de semana pode chover un chisco, pero a calor non vai marchar, ou eso parece. Espero que se quede por aquí a lo menos un par de semanas máis e así darnos a todos os londinenses ese merecido verán que necesitamos. Esa calor que fai que os nosos veciños e nos saimos os balcóns coma lagartos a disfrutar dun pouco dos raios e así animar un chisco Tarves Way.

Escrito por Pablo

Xullo 23, 2008 a 8:13 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con ,

Preparando o 25 de Xullo

hai un comentario

comida-cea-25-xullo
O día de Galiza ímolo a celebrar o grande este ano. Propúxenme, eso sí ca necesaria axuda de Ana, celebralo por tódolo alto e o mái galego posible, o ser unha data tan sinificativa e por ser a primeira cea que celebremos cos amigos no piso novo.
Levamos varios días pensando no menú e os poucos van quedando fixos coma o polbo (teño que ir mañá o pescadeiro a encargar máis), pementos de Padrón (ou mellor dito de Herbón), vieras, chourizos o viño… no apartado culinario. Nas bebidas hoxe rematei co stock de Estrella Galicia (tres packs de seis); e teño o meu parecer unha decente selección de viños galegos (o único Ribeiro que atopei foi Pazo e para iso prefiro pillar Albariño), temos Albariño representado por dúas botellas de Condes de Albarei da cosecha do 2007 e unha de Martin Codax do 2006, o Godello de Terras de Monterrei non vai faltar na nosa mesa representado por unha botella de Crego e Monaguillo do 2007; e ainda que para moitos o Bierzo non é Galiza non quixen deixar de coller un Mencia. Chámase “The Pilgrimage” (a peregrinación) exa o teño provado doutra vez e gustoume moito; ten sen dúbida unha boa relación calidade prezo.
Para os postres ainda non sabemos que postre facer, o que si é claro e non van faltar son o licor café, crema de oruxo e licor de herbas, hehehehe.

Tedes algunha suxerencia? gustaríame que me aconsellarades un chisco, sobre todo nos postres. Pensei nas filloas pero as de sangue quedarían un chisco “heavies” ante dous italianos, unha sueca e un francés, e as de leite aquí xa as coñecen chámanlle “pancakes“, así que idea descartada.

Bó, penso que estarei a cavilar sobre esto ata o derradeiro intre. Ei de recoñecer que o ser a primeira cea na nosa casiña e ser tan galega ponme algo nervioso, pero así mellor, máis determinación pra lograr algo bó.

Escrito por Pablo

Xullo 22, 2008 a 9:26 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con , ,

A día de hoxe

without comments

A día de hoxe arrepíntome moito de botar dende o pasado nadal sen coller vacacións. Oito meses de choio sen coller uns cantos días pra desconectar é unha gran machada. Pensei que non me custaría tanto pero sí, a verdade e que física e mentalmente estou queimadísimo. Teño moitas ganas de fuxir de Londres, a pesares de ter o piso novo. Botar demasiado tempo nesta cidade remata cun, sobre todo psicolóxicamente.

Penso moito nas miñas vacacións de agosto en Galiza. Vou intentar estar o menos posible en Ourense (a capital refírome). Ana o outro día fíxome prometerlle que iríamos algún día a praia e eu contesteille que se os seus padriños deixanos o seu piso de Baiona, por min vou varios días. Apetéceme moito relaxarme. Vos sabedes que non son “animal” de praia (e menos da costa pontevedresa), así que imaxinade como me sinto para estar case que supricando pasar uns días de praia en Baiona.

Tamén lémbrome moito de Requeixiño. Apetéceme moito un solpor sentado nunha silla a beira da ventá da cociña a fresca. Ese é sen dúbida un momento especial. Os mellores momentos no pobo do meu pai son na nocturnidade. Cantas lembranzas de pequeno cando pasaba o mes de xullo enteiro ca miña avoa, e comíamos manises nas escaleiras da casa charlando sobre as nosas cousas.

Son intres así os que quero ter e recuperar nestes vindeiros días que vaiamos Ana e mais eu a Galiza. Quero quitar da miña cabeza todo o estrés que poida disfrutando dos praceres sinxelos que da a vida.

Escrito por Pablo

Xullo 21, 2008 a 4:47 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con , ,

O piso novo

without comments

Xa levamos un mes e pico no noso piso novo. A primeira vivenda que podemos decir que é nosa (bueno, o 60% por que o outro 40 perténcelle por agora o goberno británico), pero ainda así, somos propietarios dun piso no meridiano cero!!

Se es un dos poucos afortunados que non viu o vídeo que fixemos Ana (a cámara) e eu (na edición e distribución), agora tes a oportunidade de velo:


Si xa o sei, o piso no vídeo esta valeiro. Prometo que axiña farei un ensinandoo cos mobres e toda a decoración, pero estou esperando a que veñan a miña nai e os pais de Ana o día 31 porque veñen cargados con cortiñas, sabas, manteis… pra darlle ese toque ourensán e familiar a nosa vivenda.

Espero que vos guste.

Escrito por Pablo

Xullo 20, 2008 a 8:45 pm

Publicado en persoal

Etiquetado con ,

Pois si, estou de volta

con 2 comentarios

O “mono” poido conmigo, pero tranquilos que hai algúns “contras” a esta volta. Básicamente quería ter de novo un sitio onde escribir cando o necesite, pero tampoco quero que calquera acceda a este blog, así que activei a opción de que non apareza en motores de búsqueda e tan so voulle pasar a dirección URL os amigos e coñecidos que eu vexa e que se comprometan a mantela en privado e segredo, por eso agradeceríavos que non poñades ningunha ligazón a este blog nas vosas páxinas web, emails, etc… Basicamente a razón desto ven sendo que teño pensado subir imaxes e videos da minha vida privada e non quero que calquera poida logo utilizalos o seu antollo; e ademais quero manter esto cun pequeno ambente de familiaridade entre vos e máís eu.

Espero que esta sexa unha boa nova para todos vos. Unha aperta moi grande para todos/as os que estades o outro lado do computador.

Escrito por Pablo

Xullo 20, 2008 a 12:24 pm

Publicado en persoal