
A imaxe está sacada ca cámara do meu móbil polo que a calidade non é moi boa. Non se pode ver ben, pero a dereita da imaxe a beirarúa está chea de xente cruzando a ponte de London Bridge dende London Bridge Station ata a outra parte do río Támesis en King William St, lugar no que comeza a famosa “City” de Londres, onde está o centro económico da capital, do país, do estado e quizais de Europa.
Pois ben, quizais mañá esta foto non se poda facer, quizais mañá esta xente quede na casa xa que hai unha manifestación contra o G20 percorrendo a City (pasando por diante da miña tenda e rematando en Bank xusto en frente do banco de Inglaterra) e parece ser que vai a haber “festa”. Eu non teño a sorte de poder facer o meu traballo dende casa como moita desta xente que adicouse a estafar, roubar durante anos e agora estamos todos sufrindo todos polos seus erros intencionados. Eso sí, os currelos os que súbennos o interese nas nosas hipotecas, os que pola súa culpa suben os prezos pero non os salarios, os que en vez de vacacións o caribe imos a casa, os que en vez de ir a clubes selectos imos o pub, os que erguémonos as catro da mañá pra ir a traballar en vez das 7 ou 7.30… temos que ir mañá a “City” a traballar e dar a cara, porque as empresas mandannos ir a dar a cara e se algo acontece, somos nos os que damos a cara, os que sufrimos as consecuencias… que ben o tedes montando carallo!
Defectos
Esta mañá púxenme a miña moza e mais eu púxemonos a sacarnos defectos a nos mesmos, é decir ela enumerou os seus defectos e eu os meus. Obviamente tan so fixemos os que parecíannos máis relevantes porque se non o listado podería ser ben longo.
Hei de recoñecer que foi un exercizo moi proveitoso xa que un queda bastante tranquilo e relaxado sacando fora esas cousas que normalmente calas e intentas agochar, ainda que no noso caso, logo de sete anos de relación e cinco vivindo xuntos, cada un coñece de sobra os defectos do outro e quizais eso é parte da base dunha boa relación de parella. Esta teoría miña está baseada en que cando a unha persoa empeza a gustarlle outra tan só fíxase nos seus pros mais nunca nos contras, e se teñen a sorte de comezar unha relación sentimental o principio que é cando afroran os bos sentimentos, inconscentemente, tan so vemos esos puntos bos nas nosas parellas pero é co paso do tempo cando empezamos a mostrar os nosos defectos cando racha ou afianzase unha relación.
Outro punto moi importante, o meu parecer, é ser capaz de aturar os teus propios defectos sendo capaz de aturar os da túa parella. Creo que expliqueime un chisco mal. No meu caso particular, por exemplo, levo moi ben os puntos fracos da miña parella, ou eso penso; e é máis tomoos coma puntos fortes nos que basear a nosa relación de parella, convertinnos en apoios, no rol contrario o que se supón que teñen que “facer”… o que ía, o difícil é saber levar os defectos da túa parella pero non saber levar os teus propios, esa é unha boa fodenda. Quizais con “exercicios” como o meu desta mañá un axúdase a sí mesmo a crecer en ego, autoestima porque sabe que ten a alguén coma soporte e axuda que pode botarche unha man en calquiera intre. Afortunado son.
Esas cousas que danche morriña
Ergome cedo. Vou a cociña preparo o café. Quezo a leite no microondas. Mentras quece o leite e sube o café veño a habitación a acender o computador. O leite xa está quente, o café pouco lle falta xa. Merda! non hai galletas pra almorzar. Teño que ir o Tesco hoxe sen falta. Co café na man regreso a habitación. Entro en Facebook e vexo a imaxe da proba da nevarada da que me falaron onte os meus pais por teléfono
Ese privilexio que a miña Beachu ten, que é o de ter a mellores vistas de todo Ourense, compartiuno onte. Eu tan só lémbrome dunha nevarada tan gorda e era cando eu era pequeno e ainda vivíamos na Carballeira. Ainda que fai menos dunha semana que estiven na casa e case xa levo 5 anos fora de Ourense, imaxes coma esta son das que provocan ese sentinmento tan intrínseco os galegos: A morriña. Dín que a morriña a provoca a auga, que a auga de Galiz aten minerais ou non sei que que logo o marchar da Galiza non atopas eses minerais é que a saudade é realmente un síndrome de abstinecia, un “mono”, pero a verdade é que eu nunca fun moito de beber auga, eu sempre fun mis de gaseosa nas comidas. A pesares de acabar de Ourense ata a caralla, a verdade é que é inevitabel que o corazón deame un volco o ver unha imaxe coma esta. Non sería moi humán da miña parte non botar en falla a miña cidade neste intre.
Primeiro descubremento musical do ano
“Calamares Gigantes En Luarca” é o tema do día, da semana e xa veremos se de os mes.
Descubimento feito grazas ó blog Canibalismo Cósmico A 4.000 Millones De Años Luz.
Eu nunca fun de Snoopy, mais…

… logo de atopar esta imaxe fai un rato no blog “Music Ruined My Life” vou a comezar a mirar doutro xeito as bandas deseñadas deste cadelo. A verdade é que síntome moi identificado.
Frase mítica
O outro día merquei o Ruta 66 deste mes, costume que teño cada vez que veño a casa, e onte a noite púxenme a botarlle unha ollada. Trae unha entrevista a Miguel Costa, e a verdade eque coma persoaxe deixume de interesar xa fai un tempo mais ainda así púxenme a ler a entrevista. Cando de súpeto, leo “… Como decía Ray Davies, el heavy es como un pedo, sólo le gusta al que se lo tira“; a verdade é que fíxome moita graza a frase, pero non deixa de ser unha verdade absoluta. Dende hoxe quedará gardada nos meus miolos a fogo.
A primeira nevarada do ano

Marco xa comentara algo onte a noite no seudo magosto que fixemos na casa, que acabou sendo un festín de homenaxe o porco (con chourizos, salchichas, hamburguesas, touciño…) e de postre castañas asadas e un pouco de licor café. Bueno, imos o asunto. Xa o dixera Marco e xa o anunciaran os telexornais, hoxe ía nevar e así foi. Hei de recoñecer que foi pouco e de noitiña, pero a lo menos este ano nevou un pouco cedo, porque lembro que o inverno pasado tivemos que esperar ata marzal, xa entrado na primaveira, pra ver os primeiros copos de neve.
Ainda que foi pouco e parece que non hai plans próximos de máis nevaradas, a verdade e que fíxonnos bastante ilusión, coma a nenos. Eso sí, era demasiado cedo (8 e media da mañá) e facía demasiado frío como pra disfrutar dela, polo que optamos por sacar un par de fotos e voltar a refuxiarnos debaixo do edredón.
18 Rodas
Acábome de enterar de que a xente que facía o fanzine “18 Rodas” volven a carga pero desta vez en vez de facelo en papel fanno en versión dixital cun blog, http://18rodas.blogspot.com é a dirección que tedes que introducir no voso navegador de internet para atopar a versión 2.0 (nunca mellor dito) desta publicación de Ferrolterra. Unha moi boa nova dende logo pra os amantes da música en Galiza.





